Benvida ao novo curso escolar 25/26!
Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa neste inicio do novo curso escolar. Agardamos que despois do descanso do verán, todos, estudantes, familias e profesorado, volvan con enerxías renovadas para afrontar os retos e aprendizaxes que nos esperan.
Este ano, máis que nunca, estamos comprometidos en crear un ambiente de colaboración, respecto e alegría onde cada estudante poida desenvolver ao máximo o seu potencial. As nosas aulas están preparadas para recibir novas ideas, novas amizades e novas experiencias.
Ademáis, animarvos a todos e todas a participar activamente na vida do colexio. O colexio non o fan só as aulas e os libros, senón tamén a ilusión, o esforzo e a dedicación de cada un de vós.
Moitas grazas ás familias pola vosa confianza e colaboración. Estamos seguros de que, traballando xuntos, este será un curso inesquecible.
Un moi bo comezo de curso para todos e todas!
