Actividade de convivencia no Semi!
Mirade que ben o pasamos a semana pasada!
Celebramos unha actividade moi especial para fomentar a convivencia e o compañeirismo entre o alumnado de 1º e 4º da ESO.
A través do xogo, os rapaces e rapazas puxeron en práctica as súas habilidades con probas de Cifras e Letras e fortaleceron os lazos que fan da nosa comunidade educativa un espazo acolledor e respectuoso.
Foi unha xornada de colaboración, risas e espírito de equipo, porque no SEMI sabemos que convivir tamén é aprender uns dos outros.
Grazas, mozos, por facer que a actividade fose todo un éxito!


