O pasado venres 14 de novembro, con motivo do Día da Ciencia en Galicia, organizamos unha actividade especial para preparar a participación no concurso de microrrelatos proposto polo Diario de Arousa.
Como foi a xornada?
- 1º e 2º da ESO: Visionaron un vídeo divulgativo, aprenderon sobre Fernando Calvet e sobre a técnica do microrrelato. Logo, fixeron unha busca conxunta de ideas e comezaron a redactar.
- 3º e 4º da ESO: Viron a película Os fillos do sol, que narra a vida de Calvet, e tamén traballaron en equipo para identificar aspectos relevantes antes de escribir os seus textos.
Foi unha experiencia enriquecedora, onde os alumnos combinaron creatividade e ciencia para dar vida ás súas ideas.
📸 Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos alumnos traballando durante a actividade.


As persoas participantes deberán iniciar sesión no xornal dixital ou rexistrarse se aínda non o están, a través da seguinte ligazón:
Un xurado seleccionará os tres mellores microrrelatos, cuxos autores recibirán un agasallo tecnolóxico.

