Catedral Tui

A catedral é o máximo exponente artístico da cidade de Tui.

Experiencia

Con motivo da inminente celebración do 800 aniversario da consagración da Santa Igrexa Catedral de Tui, que terá lugar o luns 1 de decembro, o noso alumnado do Seminario Menor participou activamente nunha xornada de preparación e coñecemento histórico-artístico.

Arquitectura Románica

1225 DC

Comezou a ser construída o ano 1120, aínda que non sería consagrada ata 1225, xa en tempos do rei Alfonso IX. Tiene apariencia de fortificación, especialmente polas súas torres almenadas.

A súa estrutura é claramente románica, aínda que posteriormente se añadieron diversos elementos góticos decorativos…

Unha Experiencia Inmersiva no Noso Patrimonio

Venres 28 de novembro

Catedral Tui

Para poñer en valor a importancia desta efeméride, traballouse en todas as aulas durante esta semana en diversas propostas didácticas relacionadas coa historia, a arquitectura e o significado do noso templo catedralicio.

O broche de ouro desta preparación tivo lugar o venres 28 de novembro, coa realización dunha saída conxunta do alumnado nas dúas últimas horas lectivas.

A actividade consistiu nunha visita guiada e comentada á Catedral, realizada por Don Luis Pose, o que lles permitiu aos estudantes coñecer de preto os detalles arquitectónicos, a historia e a arte que atesoura este monumento, corazón da nosa cidade e da Diócese.

 

Esta inmersión no corazón de Tui serviu como unha introdución perfecta antes da solemne celebración.

Vindeira Cita: 
A Misa
de Consagración

Tal e como estaba previsto, a comunidade educativa do Seminario Menor asistirá á Misa de celebración do 800 aniversario da consagración, que se oficia o luns 1 de decembro ás 12:30 horas.

Esta foi unha oportunidade única para participar nun momento histórico e reforzar o vínculo dos nosos alumnos co patrimonio cultural e espiritual de Tui-Vigo.

Documentación da Actividade

A continuación, adxuntamos unha galería de imaxes da visita realizada o venres 28, onde se pode ver o noso alumnado explorando e aprendendo na Catedral, así como a proposta didáctica que se traballou nas aulas:

 800 Anos de Catedral

 

Teléfono

986 60 00 51

Horario

8:45 am a 5:15pm
Luns–Mércores

8:45 am a 14:15pm
Martes–Xoves–Venres

 

 

Seminario Menor Tui

Email

info@seminariomenortui.com

Dirección

Paseo de Calvo Sotelo

36700, Tui. Pontevedra