O curso 3° de ESO visitou o mércores 2 de decembro a exposición fotográfica de Javier Tenente sobre pesca tradicional e sostible en diferentes continentes, visitable na sala de exposicións municipal Área Panorámica de Tui ata o 6 de decembro.

A actividade desenvolvida dentro a actividade de E. Plástica consistía en seleccionar unha das fotos e explicar o interese compositivo da mesma e a súa orixinalidade á hora de abordar a temática.