Para romper un pouco coa rutina, o pasado venres (26 de setembro) organizamos unha excursión rápida para o noso alumnado.
Os catro cursos puxémonos en marcha e demos un paseo ata a Alameda. A idea era sinxela: estirar as pernas e, sobre todo, pasar un tempo xuntos fóra da escola.
Unha vez alí, aproveitamos o bo tempo para ter un tempo de lecer e socializar. O alumnado puido charlar, desconectar e compartir un pouco de tempo libre, fomentando o bo ambiente e o compañeirismo entre todos cursos.
A excursión foi todo un éxito!
Unha maneira estupenda de comezar o curso.







