Hoxe, en 1° e 2° da ESO, tivemos a sorte de contar cunha charla moi enriquecedora a cargo de D. Luis Pose, un dos nosos profes de Historia, que nos axudou a comprender mellor o complexo conflito en Gaza. A actividade permitiunos reflexionar sobre a situación actual, o contexto histórico e as implicacións humanitarias deste conflito, ademais de fomentar o pensamento crítico e a conciencia social entre o alumnado.
Seguimos apostando por unha educación que forma persoas informadas, comprometidas e empáticas.
Coñecer o pasado axúdanos a vivir o presente.