
Magosto
2025
SMT

Un Magosto de sol, deporte e tradición no noso centro
Que día máis espectacular pasamos hoxe! O Magosto deste ano foi todo un éxito grazas ao bo tempo e, sobre todo, ao bo ambiente que se respirou en todo o centro.
A celebración comezou con moita enerxía grazas ao gran torneo de fútbol, onde vimos xogar a equipos de todos os cursos. Foi xenial ver a deportividade e as ganas de pasalo ben de todos os participantes.
Despois do deporte, chegou o momento de repoñer forzas coas protagonistas do día: unhas castañas asadas que estaban boísimas. Entre o sol, as risas e a boa música que non parou de soar, pasamos unha xornada de convivencia de dez.
Deixámosvos aquí algunhas imaxes deste día tan solleiro. Vémonos no próximo Magosto!

Boas e ricas castañas
Deporte
e conviven-cia
Música e Tradición









